Moi boas visitantes!

Cargando co equipo e cos instrumentos, o momento está perto, e hai que ir preparándose para dalo todo, nunha noite que vai ser máxica, na noite máis corta do ano, na que as meigas andarán por aí dando a lata.. todos brincaremos as fogueiriñas despois de brincar coas cancións de Trifulka e todos beberemos esa poción máxica chamada queimada, anque para nós será outra, cal? para descubrilo teredes que vernos en directo e agardar á sorpresa.

Esperamos vervos mañá a todos no Pub Acrópolis de Boiro sobre as 22:30. ( Entrada de balde ).

Un saúdo e vémonos en directo!